Visita ao Birloque

 

A visita foi guiada por membros da AVV os Anxos encabezada polo seu presidente, Ramón Mañana e un nutrido grupo de veciños e veciñas. 

A iniciativa encádrase dentro do plan deseñado polo grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes para outorgar maior poder decisión a cidadanía, xunto coas xuntanzas con AAVV. e as Asembleas de Barrio. Así, Esquerda Unida pretende achegarse a todos os barrios da cidade, comezando polos que se atopan en peor situación na procura de acadar maior igualdade entre barrios porque todos os veciños e veciñas, teñen os mesmos dereitos, máis na nosa cidade existen barrios de primeira e outros de terceira o cuarta categoría.

 

Esquerda Unida comeza no Birloque unha rolda de visitas guiadas para observar “in situ” a problemática de cada barrio. Na visita puido constatarse a grande carencia en infraestruturas e dotacións, así como o deterioro do mobiliario e outros elementos urbanos o que denota falta de mantemento. Por outra banda observáronse grandes eivas en canto a seguridade viaria: falta de sinais, beirarrúas estreitas e rachadas, pasos de peóns situados incorrectamente que case nos se observan debido ao paso do tempo e mal sinalizados… Asemade da falta de elementos que garanten a seguridade nos múltiples espazos con pendentes pronunciadas e mesmo no xardín infantil. En definitiva constatouse o alto grao de abandono e esquecemento deste barrio por parte do Concello.

 

Logo de recibir as queixas da AVV en relación a falta de atención por parte do Goberno local, César Santiso indicou que “si o Goberno municipal desatende aos barrios periféricos e non escoita aos veciños, será Esquerda Unida quen faga de correa de transmisión entre veciñanza e Concello, así anunciamos unha inminente Asemblea de Barrio no Birloque-Martinete-Someso-2ª fase Elviña”.

 

Así Santiso explicou o plan de Esquerda Unida para conseguir que a veciñanza sexa oída no Concello. “Primeiro realizaremos xuntanzas coa AVV. que represente ao barrio, logo faremos unha visita guiada na que participe a veciñanza, posteriormente organizaremos en colaboración coa AVV, unha Asemblea de barrio aberta a todos os veciños e veciñas para que estes elixan democraticamente aqueles temas máis importantes no barrio que queiran levar ao Pleno do Concello mediante iniciativas nosas. Por último e logo de deixar un prudente marxe de actuación ao Goberno municipal, votaremos a facer unha visita guiada para comprobar o grado de execución por parte do Concello das demandas veciñais”.

Relacionados