Visita aos traballadores de Atenasa

Onte no pleno do concello o coordinador local de Esquerda Unida e hoxe en entrevista persoal o portavoz do grupo foille solicitado ao Alcalde de Ferrol a súa intercesión diante da dirección da empresa para que as mulleres e familiares dos traballadores de Atenasa pechados desde o 5 de marzo no local do Comité de Navantia poidan visitar aos seus maridos e pais.

Esquerda Unida recibiu hoxe en man o documento entregado por rexistro aos grupo municipais onde se pide por parte do colectivo de mulleres dos traballadores e Comité de Empresa de Atenasa unha reunión da xunta de voceiros co Alcalde para tratar este tema. Esquerda Unida quere manifestar o seu apoio á petición, ao documento e aos seus termos así como reiterarnos no apoio  ás  esixencias dos traballadores e denuncia do asunto de fondo:

Atenasa incumpre o ERE suspensivo negociado e acordado cos seus traballadores e traballadoras como saída á situación de falla de carga de traballo no estaleiro. As“causas económicas”, alegadas para os despedimentos, a saber, despedimentos por causas obxectivas,  incumprindo os acordos é o motivo polo que se pon en marcha a resposta, lexítima , dos traballadores.

Como en todos os casos Esquerda unida está e estará ao lado dos traballdores e acompañándoos sempre na súa loita.

 

Relacionados