Esquerda Unida de Vigo espera que a visita do parlamento europeo á Vigo que comenza este martes non quede nun mero trámite previo ao peche definitivo de algunhas peticións que dende vello tanto o PP e o PSOE no europarlamento intentaron pechar. Estas peticións siguen abertas por un “esforzo contínuo dos eurodeputados de Esquerda Unida como Laura González nos 90 e na actualidade Willy Meyer”.
Esquerda Unida e diversos colectivos veciñais, medioambientais e peticionarios a título individual levamos anos denunciando unha política desastrosa no litoral da ría de Vigo, dende a propia EDAR DO LAGARES, os verquidos industriais, or recheos, ou mesmo verquedorios ilegais como o de Cesantes. Xa é hora de apretar ben as cordas da administración local, estatal e autonómica que asisten impasibles ao deterioro dun ecosistema tan crucial como o da nosa Ría.
O coordenador local de EU, Rubén Pérez, lamenta que a visita non se produza en varias fases, visitando espacios degradados, mantendo xuntanzas con confrarías de pescadores, biólogos ou mesmo coñecendo de primeira man un proxecto condeado ao fracaso como a nova depuradora do Lagares en Coruxo.
Para EU é evidente o incumprimento de Directiva 91/271/CEE de tratamento de augas residuais na Ría de Vigo, a falta de aplicación das disposicións da Directiva Marco da auga en xeral, e máis concretamente das directivas relativas ao tratamento de augas residuais urbanas e de xestión da calidade das augas de baño, provocaron que durante anos se arroxasen ao medio mariño miles de litros de verteduras sen depuración algunha, con graves consecuencias ambientais e económicas sobre a pesca, o marisqueo e o turismo.
EU lembra que o incumprimento por parte de España da directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas non é algo recente. En 2004, tras a expiración do prazo de cumprimento da directiva, a Comisión Europea remitiu ao Goberno de España unha carta de emprazamento. En 2008, remitiu unha última carta de apercibimiento e hai precisamente un ano (maio de 2010) esta institución anunciou a súa denuncia contra España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea pola ausencia de depuración de augas residuais en 38 núcleos urbanos, entre eles A Coruña, Vigo e Santiago en Galicia.