cayo1.gif - 18.22 Kb

Cayo Lara en Ferrol

 

Batería de iniciativas pensada para favorecer e protexer ás clases traballadoras e populares diante da ofensiva neoliberal e de recortes no que andan os Gobernos galego e do Estado.  Medidas a desenvolver tanto no eido estatal canto municipal para producir outro escenario económico e social favorable os intereses da maioría social traballadora.

 

Cayo Lara desenvolverá unha visita aos estaleiros da cidade, factoría onde  falará  con traballadores e traballadoras e onde haberá a posibilidade dun encontro cos membros do comité de empresa así como coa dirección da factoría. A  visita á factoría ten un significado especial polo que supón este espazo na  cultura obreira e como expoñente das capacidades da nosa cidade cara o avenir. Esquerda Unida presentou emendas os orzamentos xerais do Estado por importe de 150 millóns de euros para a execución de diversas infraestruturas que mellorarían as capacidades produtivas do estaleiro, que é tanto como dicir o emprego na nosa comarca.

 

O Coordinador Xeral de IU manterá con anterioridade un encontro cos medios de comunicación para analizar a situación económica e social do país.

 

Un xantar de confraternidade  marcará o momento de mistura da política e do lecer coa participación dun cento de simpatizantes e afiliación nun acto onde as palabras e as complicidades se van tecer coa festa e a risa.

 

Cayo Lara avanzará na súa ponencia no Club de Campo as propostas programáticas que Esquerda Unida ten preparadas para conquerir unha saída con solucións de esquerdas á crise. Ao acto público con entrada aberta, Esquerda Unida anima a nosa veciñanza a asistir e participar, para no diálogo crítico co Coordinador Xeral atopar respostas e desvelar interrogantes acerca da actual situación política e social. Falta moita xente na tarefa de organizar e defender as propostas de transformación social.

 

A nosa sociedade precisa  do exercicio constante dunha razón crítica disposta a arriscar na defensa da clase traballadora e dos sectores populares. Xa non valen as políticas neoliberais que nos conduciron a crise. Hoxe máis que nunca as propostas programáticas  que Cayo Lara vai explicar  semellan máis necesarias que nunca.

Relacionados