Visita do concelleiro

 

Non valen as visitas de propaganda, valen os feitos realizados. Nese senso, Esquerda Unida reclámalle ao conselleiro un compromiso para completar o saneamento da ría nos prazos previstos. A situación da ría, a súa condición de activo estratéxico para o emprego e o futuro de Ferrol  esixe que sexa unha actuación prioritaria. Podemos comprobar como o atraso na execución das obras necesarias deixa en evidencia a mala situación da ría que sofren os traballadores e traballadoras do mar ou a obsolescencia dalgunhas das intervencións feitas hai anos. A depuración da zona na marxe sur correspóndelle  rematalo á Xunta en 2013, o que require a garantía investidora do Goberno galego.  Namentras , ate 2018 non se prevé o remate das obras na marxe norte, dependente do Estado. Xuntas sipoñen unha infraestrutura central para unha riqueza clave para o desenvolvemento da comarca.

 

Doutra banda, EU demándalle que deixe de estar cruzado de brazos en materia de vivenda e comprometa para esta cidade unha partida para comezar o proceso que permita a rehabilitación do barrio de Recimil. Nese senso reclamamos do Goberno Municipal que saia da súa furia destrutora na ques e atopa e alén de facilitar o derribo da Fábrica de Lápis ou o Bambú Club,  acorde unha acción política común cos partidos da oposición para propiciar un proxecto que permita a rehabilitación do barrio de Recimil. Agardamos que a estratexia do PP neste caso  non sexa a de deixar pasar o tempo para alimentar a degradación material do barrio e atopar nela as excusas para fomentar a especulación inmobiliaria cun ulterior derribo do mesmo.

 

A nosa organización está certa da importancia que ten para o futuro de Ferrol que desta visita se acaden os compromisos necesarios para desenvolver estas iniciativas de importancia para a nosa cidadanía. Coidamos necesario que o Goberno Municipal teña unha actitude de defensa dos nosos intereses xerais nas súas relacións coa Xunta, sen deixarse maniatar pola identidade política co Goberno Feijóo.

 

Relacionados