Visita Ventorrillo

Até o punto que o centro comercial do Ventorrillo, outrora centro económico neurálxico  do barrio, presenta un estado desolador. Quizás o peche máis significativo e prexudicial para os veciños fora o do supermercado GADIS, que ademais de dar servizo a gran parte da poboación, tamén actuaba como dinamizador do edificio comercial no que estaba situado, atraendo clientela para o resto dos negocios alí instalados.

O voceiro de EU-V, César Santiso, que visitou hoxe o centro comercial do Ventorrillo, constatou o seu estado de abandono e indicou “non cabe dúbida de que os baixos pechados son privados mais o concello debería promover iniciativas que favorezan a reactivación económica na zona”. Precisamente neste sentido o día 3 de febreiro de 2012 os veciños do Ventorrillo presentaron un escrito apoiado por 2000 sinaturas pedindo unha entrevista coa Sra. Cid, tenente de alcalde de emprego, empresa, turismo e comercio, co obxectivo de expoñer o problema e requirir que o Concello fixera as xestións necesarias para conseguir que o barrio do Ventorrillo volva a dispoñer dunha infraestrutura comercial básica para unha cidade moderna, avanzada e “intelixente” no século XXI.

Esquerda Unida insta ao goberno municipal a recibir á veciñanza do Ventorrillo que leva máis dun ano a espera dunha xuntanza. Pois semella que o PP cambiou absolutamente a súa posición, cando estaba na oposición visitaba o barrio con frecuencia, agora unha vez obtidos os votos e con elos o goberno obvia de maneira miserable aos veciños e veciñas do ventorrillo. Tanto é así que non so non se dignou a contestar a veciñanza, senón que a respondeu vagamente as tres iniciativas relacionadas co centro comercia que desenvolveu o noso grupo municipal en mandato ao acordado polos veciños na Asemblea de Barrio desenvolvida no Ventorrillo, negandose incluso a contestar si recibiran a unha represeantación dos veciños, o si ten pensado desenvolver medidas para recuperar a infraestrutra comercial ou desenvolver un plan de dinamización comercial no Ventorrillo.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes fíxose eco das denuncias veciñais que afirman que os baixos comerciais estanse a alugar como espazos para festas os fins de semana, o que produce molestias por ruídos até altas horas da madrugada ademais de deixar toda a zona chea de refugallos, ouriñes e vómitos.

Iniciativas Plenarias e resposta do goberno municipal

Dotación comercial Ventorrillo

1.- Ten previsto a Sra. Cid recibir aos representantes dos 2000 veciños do Ventorrillo que solicitaron a entrevista persoal con ela?

2.- Ten previsto o Goberno Municipal adoptar algunha medida para que o barrio do Ventorrillo volva a dispoñer da infraestrutura comercial que se pode considerar básica no século XXI nunha cidade do primeiro mundo?

3.- Ten previsto o Goberno Municipal continuar coa política de fomento de grandes superficies nas aforas da cidade que promoveu durante décadas o PSOE e o bipartito e que levou a cidade a situación de desertización comercial que sufrimos actualmente?

Resposta do goberno municipal

La teniente de Alcalde Sra. Cid se ha reunido a lo largo del presente año 2012 en varias ocasiones tanto con la Presidenta de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo como con el representante de los propietarios privados del Centro Comercial del Ventorrillo.

Dinamización comercial Ventorrillo

1.- Ten previsto o Goberno Municipal deseñar e executar un Plan de Dinamización para o comercio local no barrio do Ventorrillo co obxectivo de recuperar a actividade do seu centro comercial reactivando a actividade económica do barrio, creando postos de traballo e dotando a veciñanza dunha infraestrutura comercial básica?

Resposta do goberno municipal

De acuerdo con el actual marco legal, las acciones municipales encaminadas a la dinamización comercial han de acordarse en la Mesa Local de Comercio.

Este planteamiento es compartido por el Gobierno Municipal, que apuesta por planes PARTICIPATIVOS, esto es, no se decide unilateralmente por quienes ostentan la responsabilidad de gobierno sino que se consensúan con el sector que, especialmente en el caso de la forma en que la crisis afecta a los barrios, son ellos quien mejor conocen su problema específico, su identidad, sus fortalezas y debilidades.

En el último año, se han adoptado una serie de medidas de dinamización de los barrios, a través de cultura en la calle con el IMCE, de vinilos en locales cerrados, de noches blancas…entre otras.

Estas políticas de dinamización colectiva e individualizada de los distintos barrios de la ciudad tendrá su continuidad, en forma de acciones que afecten a todos, y proyectos específicos para cada uno, entro los cuales se encuentra, por supuesto, el Ventorrillo.

Iluminación e limpeza do Centro Comercial do Ventorrillo

1.- Valorou o Goberno Municipal a posibilidade de que o Concello asuma a limpeza e a iluminación das zonas de acceso público do Centro Comercial do Ventorrillo que agora son costeados pola comunidade de veciños?

Resposta do goberno municipal

El sostenimiento de los gastos ordinarios de propiedades privadas corresponde a sus titulares.

Una intervención en otro sentido requeriría de un estudio claro que estableciese unos criterios que garantizasen la igualdad entre todos los ciudadanos privados de la ciudad de A Coruña, evitando que el Ayto. asumiese los gastos de todos los propietarios de espacios de titularidad privada de la ciudad  que estuviesen en situación de dificultad, así como otras consideraciones.

Entendemos que, precisamente por la situación de dificultad, y la necesidad de ajustar con acierto el destino de los escasos fondos públicos, este tipo de planteamientos requieren una reflexión responsable previa que echamos en falta en el planteamiento aquí formulado.

Relacionados