Viveiro de empresas

 

Tendo en conta que xa pasaron máis de cen días dende as devanditas declaracións e o Goberno municipal non se ten pronunciado con claridade sobre o tema  Esquerda Unida preguntará no Pleno sobre as súas intencións co viveiro de empresas e si neste tempo desenvolveu algún tipo de análise ou auditoría que determine a incidencia real do viveiro de empresas sobre a economía local coruñesa co seu respectivo estudo de retorno.

 

O grupo municipal de EU-V considera vital para a reactivación económica local e así promover a creación de emprego, outorgarlle unha nova dimensión ao viveiro de empresas, mediante o incrementar de recursos e a creación dunha rede de viveiros que permitan agrupar empresas segundo a súa actividade productiva ou o seu modelo de xestión”.  

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a maior preocupación dos coruñeses é o desemprego, o Concello debe dedicarse dunha vez a tentar  combatelo en lugar de perder o tempo en discusións estériles”.

 

“os poderes públicos deben resolver os problemas da cidadanía, abandonemos as loitas partidistas e centrémonos en resolver o que a veciñanza nos reclama. Loitar xuntos contra a lacara do paro e o maior servizo que podemos dar aos 20.000 desempregados da Coruña e as súas familias. Apelo ao sentido común do resto de forzas políticas para conseguir un consenso neste sentido”.

Relacionados