Vivendas de aluguer social

Esquerda Unida considera que o fracaso de EMVSA demostra que PP e PSOE traballan para os promotores en lugar de para a cidadanía, a incapacidade para desenvolver unha soa promoción pública de vivendas, nin tan sequera ter a capacidade de xestionar un parque de vivendas públicas evidencian os intereses urbanísticos que moveron e moven aos goberno municipais de PP e PSOE.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón que EMVSA xestione un parque de vivendas de aluger social e outro de baixos comerciais a prezos xustos. Non cabe dúbida que nestes momentos resulta complicado promover a construción de pisos a prezo reducido para influír a baixa no mercado inmobiliario. Mais en EU creemos que EMVSA pode e debe ter percorrido, xa que ten un importante reto por diante garantir o acceso dos coruñeses e coruñesa sa unha vivenda digna, xa que na actualidade hai máis de 20.000 as vivendas baleiras na nosa cidade.

A proposta consistiría en que EMVSA se encargase da xestión integral do aluguer de vivendas, cuxos donos queiran delegar na empresa municipal, de tal maneira que o rendista non se teña que preocupar de nada a cambio de que o aluguer sexa a prezo xusto. Asemade EMVSA comprometeríase, ao final do contrato, a entregar a vivenda aos seus donos nas mesmas ou mellores condicións que cando se entregou ao ente municipal.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “é unha magoa que o bipartidismo actúe sempre a prol dos intereses privados: para que se creou unha empresa municipal de vivenda, si nin xestiona nin constrúe vivendas?”

Relacionados