Vivendas de Recimil

 

A fondura da crise e a ampla demanda que suscitan estas vivendas impoñen un deber de esixencia e axilidade  no remate do proceso e na adxudicación ás persoas que o necesitan e presentáronse ao proceso. “A crise non cesa e hai máis de duascentas cincuenta familias agardando a resolución deste proceso de baremación” sinala Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal.

 

Esquerda Unida estivo na xénese deste proceso coa intención tanto de rematar co escándalo de que haxa vivendas municipais baleiras cando tanta necesidade delas hai, canto para coutar calquera favoritismo ou arbitrariedade na concesión dun ben público fundamental. Esas foron as motivacións para formular a proposta de elaboración dun regulamento de adxudicación e para instar ao Goberno Municipal a  proceder a adxudicar as vivendas baleiras existentes.

A nosa organización teima en salientar o valor de Recimil para desenvolver unha política pública de vivenda quen de respostar no social ás amplas e insatisfeitas demandas de acceso a vivenda protexida que ten a sociedade ferrolá.

Relacionados