Segundo informan a AGE traballadores da compañía, de 35 traballadores que realizan ese labores quedarán apenas oito ou nove.
Os despedimentos faranse efectivos un de novembro. A empresa concesionaria, a vasca Sabico, só ofreceu unha alternativa aos traballadores das oficinas de Correos de Galicia: o traslado a cárceres de Andalucía, onde a empresa ten carga de traballo. “Non pode ser que a Xunta fique impasíbel diante deste novo ataque ao emprego”, indígnase Fernández Calviño, “e máis aínda cando o Goberno de Madrid responsábel é do mesmo partido ca o señor Núñez”.







