Voto rogado

Esquerda Unida considera que a reforma da lei electoral impulsada por PSOE e PP na lexislatura anterior supuxo a amputación dun dereito constitucional. Esta lei impide aos emigrantes o seu voto para as eleccións municipais, xunto con esto tamén se obriga aos residentes no exterior a solicitar o voto “rogado” nas eleccións autonómicas e nas eleccións xerais.

Yolanda Díaz, coordinadora e candidata á Xunta de Galicia, indica que “o voto rogado provoca unha drástica baixada da participación nos procesos electorais”. Así o descenso de participación pasa do 30% ao 4%, os engorrosos trámites que hai que levar a cabo para solicitar un dereito recollido na constitución española provocan esta baixada na participación. A decisión de migrar é unha consecuencia das políticas neoliberais levadas a cabo no país e no estado, así, se aplica un doble castigo para quen reside no exterior ademais de ter que emigrar tamén se entorpece o seu  dereito a votar.

A executiva nacional de Esquerda Unida, considera que hai que mellorar o sistema de control democrático que garanta transparencia no proceso electoral. Galicia foi a comunidade autónoma citada como exemplo de irregularidades e situacións discutibles nos procesos electorais que e a solución non pasa por xeralizar o problema e recortar dereitos. O xeito de rematar coa fraude nas eleccións, problema que desencadenou unha reforma electoral, é un maior control nos procesos electorais.

 

Relacionados