Wert e a reforma do sistema de bolsas

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda acusa ao ministro de Educación, Cultura y Deporte, José Ignacio Wert, de mentir unha vez máis esta mañá durante a súa comparecencia no Congreso dos Diputados para explicar o novo sistema de becas que tal e como denuncian os deputados de AGE é “clasista e ataca ás clases menos favorecidas economicamente”.

Os deputados de AGE, Xabier Ron e Ramón Vázquez, aseguran que as novos requisitos impostos polo Partido Popular para o estudantado á hora de poder obter unha bolsa de axudas para o estudio responde a unha liña clasista na que se endurece o acceso e o mantemento destas axudas as clases populares e con menos recursos económicos o que supón unha volta atrás no tempo favorecendo que só os que teñan máis cartos podan chegar a cursar estudos superiores. Ademais tirar por terra dereitos fundamentais como son á igualdade de oportunidades.

Así, unha vez máis o Partido Popular volve amosar as súas verdadeiras intencións que non son outras que continuar atacando aos máis débiles en beneficio das clases máis favorecidas facendo cada vez máis grande ás diferenzas sociais e atentando contra dereitos fundamentais, neste caso á educación e a igualdade.

Alternativa Galega de Esquerda esixe así mesmo á Xunta de Galicia que garanta unha dotación suficiente para as bolsas complementarias para aquel alumnado que quede excluído polo novos sistema de bolsas de axuda imposto por Wert así como a creación dun fondo extraordinario para aquelas persoas que por motivos económicos derivados non podan facer fronte ao pago da taxa da matrícula ao longo do curso para garantir que podan continuar os seus estudos pese a situación económica na que se podan ver inmersas as súas familias.

 

Relacionados