En marcha o proceso de primarias para a elección da candidatura de confluencia

En desenvolvemento dos acordos da Marea Constituínte do 30 de xullo, xa está en marcha o proceso de primarias para a elección da candidatura de confluencia que nos representará nas vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. Co fin de facilitar este obxectivo, a continuación, informamos do procedemento e dos prazos do proceso:

 

Que se require para participar nas primarias?

Para participar nas primarias requírese unicamente ter asinado o manifesto lanzado polas alcadías do cambio, o que pode facerse a través do seguinte enderezo electrónico http://mareaconstituinte.gal/manifesto/#asina, ter 16 anos e residir ou ter residido en Galicia nos últimos cinco anos.

A data límite para asinalo e poder ter dereito a participar é este sábado 13 de agosto.

 

Que documentación se precisa para votar?

Terás que acreditar a túa residencia en Galicia cunha imaxe do teu DNI (por ambas as dúas caras) ou, no seu defecto, do certificado de empadroamento ou factura onde consten o nome do titular e o enderezo. No caso das persoas residentes no estranxeiro, será preciso un documento que recolla o seu lugar de orixe e o momento de chegada ao seu lugar actual de residencia (a inscrición no CERA).

 

Como se pode votar?

Para a participación nas votacións que terán lugar durante os días 16 e 17 de agosto existen dous mecanismos:

  1. Presencial: Nalgunha das mesas que se instalarán en cada unha das circunscricións (aínda por confirmar).
  2. A distancia: Se non podes achegarte a unha mesa, podes exercer o teu dereito ao voto mediante unha plataforma en liña. Nese caso, deberás solicitalo na seguinte ligazón, antes das 23.59 horas do 13 de agosto  http://mareaconstituinte.gal/voto-a-distancia/ completando cos teus datos persoais e a documentación pertinente.

 

Por último, recordamos que todos os datos sobre as primarias están dispoñibles nesta ligazón: http://mareaconstituinte.gal/primarias/

 

Relacionados