O membro da dirección de Esquerda Unida e ex deputado de AGE, Xabier Ron, asistirá este mércores 14 de decembro, ás 19.30h., a unha mesa redonda sobre “Políticas culturais en Galicia”, no Matadoiro de Compostela (Sala de Madeira, 2º andar).
Este acto está organizado polo Grupo de Autoxestión do Matadoiro de Compostela e participarán diferentes persoas relacionadas co eido cultural, así como especialistas independentes na materia para falar, entre outras cousas, “da existencia, ou non, dunha política cultural en Galicia durante os últimos 35 anos”.