Xabier Ron desminte o artigo “panfletario, manipulador e perverso” de Ziad Alami sobre os motivos da viaxe do Intergrupo Paz e Liberdade

Xabier Ron, deputado de AGE e membro da dirección de Esquerda Unida, desmentiu formalmente un artigo “panfletario e manipulador” emitido pola prensa promarroquí onde se afirmaba, con ánimo de manipular, de que a viaxe do Intergrupo Paz e Liberdade para o Pobo Saharaui do Parlamento de Galicia tiña a fin de levar a cabo “actos de provocación enarborando a bandeira da pseudo RASD”, precisando que o seu fin non declarado era “orquestrar unha concentración e causar enfrontamentos entre os activistas e as autoridades locais”, nada máis alonxado da realidade.

O deputado de AGE insiste en “denunciar a actuación antidemocrática de Marrocos, a constante violación de dereitos humanos e o intento de silenciar o que está a suceder no Sáhara occidental”. Doutra banda, esixe ao Goberno galego que “defenda aos representantes do pobo galego que foron insultados polo Goberno de Marrocos, asegurando que se trataba de amotinadores e dándolles trato propio de delincuentes”, explica.

“O verdadeiro obxectivo desta viaxe non era outra que comprobar ‘in situ’ a situación que está a vivir a poboación e se están a respectar os dereitos humanos nos territorios ocupados”, sinala Xabier Ron. Nada máis voltar da viaxe, os integrantes do intergrupo Paz e Liberdade co Pobo Saharaui do Parlamento de Galicia denunciaron en rolda de prensa o trato recibido polo goberno de Marrocos, xa que as autoridades marroquíes impediron que os integrantes do Intergrupo baixaran do avión e os expulsaron.

Neste senso, os membros que integraban o grupo coincidiron en destacar o pésimo trato recibido e o talante autoritario por parte das autoridades marroquís que nada ten que ver co respecto que se debe manter a quen son os representantes electos do pobo galego.

RÉPONSE À ZIAD ALAMI-galego

Relacionados