Xabier Ron presenta este martes 11 en Sigüeiro a “Exposición Fotográfica Solidaria co Sáhara”

Hoxe, martes 11 de outubro, ás 20 horas, no Centro Cultural Fernando Casas de Novoa en Sigüeiro (Oroso), terá lugar a inauguración da exposición fotográfica solidaria co Sáhara que será presentada mediante unha conversa por Xabier Ron, membro da dirección de EU, ex-deputado de AGE e membro do Intergrupo Parlamentario Paz e Liberdade para o Pobo Saharuí.

Dende Esquerda Unida seguimos a traballar por un Sáhara Libre, asumindo que España e a comunidade internacional teñen un importante deber de solidariedade co Sáhara, polo que animamos a coñecer a experiencia de Xabier Ron neste ámbito.

Relacionados