Xanela única

 

Xusto por diante de Ruanda e Túnez, e por detrás de Colombia e Perú. O informe resalta que no ano 2011 España fixo unha das reformas lexislativas recomendadas no informe anterior, mentres que Ruanda, Perú o Colombia fixeron tres.

 

Dous dos parámetros que se valoran son o a dificultade de abrir un novo negocio e a dificultade de conseguir unha licenza de construción, trámites que teñen moito que ver coa regulación e a eficacia dos concellos.

 

En concreto, no apartado de “facilidade para abrir un novo negocio”, España ocupa o posto 133 sobre 183 estados analizados, que é moito peor que o de Burundi (108) o Camerún (128). Segundo o estudo, para abrir un negocio necesitase realizar até un total de 10 trámites que teñen unha duración total de 28 días.

 

O grupo municipal de EU-V pregunta ao Goberno municipal si coñece cal é o  número de trámites e tempo necesario para abrir un negocio na Coruña e a súa posición en comparación co resto de cidades do Estado.

 

O informe resalta que as economías avanzadas tenden a ofrecer á cidadanía oficinas de “Un só trámite” nas que se unifican todas as accións necesarias para abrir un negocio ou conseguir un permiso de construción. O Banco Mundial sinala a existencia de estas dependencias como unha avantaxe competitiva e síntoma dunha economía avanzada.

 

Xa que logo, Esquerda Unida propón que o Concello asine convenios con outras administracións para crear a xanela única que dinamice a actividade empresarial e facilite a creación de emprego.

 

Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “os poderes públicos ten a obriga de fomentar a actividade empresarial para reactivar a economía e favorecer a creación de emprego. Nós, ao contrario que outros que se dedican a facer brindes ao sol, estamos a propoñer accións directas cuxa aplicación repercutiran inmediata e favorablemente no conxunto da cidadanía.

Relacionados