Xefe de Policía e botellón

 

As declaracións do novo Xefe da Policía Local en relación coa problemática do botellón avalan as teses de Esquerda Unida, que para atallar o problema a curto prazo está a propoñer habilitar zonas reservadas onde a mocidade poida reunirse sen perturbar aos veciños, condicionando a existencia destes espazos a unha correcta autoxestión pola propia mocidade, para evitar así actos de vandalismo ou a acumulación de refugallos. Asemade propoñemos que o devandito espazo este dotado dos servizos hixiénicos elementais e se fomenten nel actividades alternativas desenvolvidas por ONG especializadas nestes temas que permitan a redución do consumo do alcohol entre a nosa mocidade.

 

Aínda que o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes ven propoñendo unha solución na que se desenvolvan os mecanismos necesarios para conciliar o dereito de reunión da mocidade co dereito ao descanso da veciñanza, non cabe dúbida que para superar a problemática do botellón, debemos pensar en políticas integrais a longo prazo, porque o alcoholismo xuvenil ben ligado doutros parámetros como os altos índices de fracaso escolar, a obesidade infantil ou de paro xuvenil, o que ven a demostrar que o estamos a facer mal en canto a políticas de mocidade.

 

Por iso propoñemos tamén un pacto a longo prazo para mellorar a situación da mocidade coruñesa, que permita chegar á raíz do problema, configurando e dotando orzamentalmente un plan a dez años vista cuxa aplicación no dependa da alternancia no Goberno municipal, cuxos obxectivos sexan mellorar os hábitos alimentarios e de saúde da mocidade, promover o ocio baseado no deporte, no arte e na cultura ao tempo de avanzares no espírito social, solidario e de respecto polos dereitos. Asemade o plan debe incidir en mellorar os niveis de competencia académica, dominio do inglés, competitividade e espírito emprendedor para equiparnos aos niveis de países máis avanzados.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “si o Goberno municipal traballase realmente nunha solución integral e participada ao botellón, solucionaría a problemática sen coaccións nin cámaras de videovixilancia.

 

Finalmente, César Santiso afirmou que “non cabe dúbida de que si queremos deseñar unha solución factíbel, realista e exitosa, esta ten que ser consensuada, non so cos partidos políticos, senón tamén coa veciñanza e a mocidade”.

Relacionados