Un proxecto que xa fora presentado a finais do ano 2010, e que primeiramente desestimado e paralizado a raiz dun informe tecnico municipal, agora atópase nunha situación de incerteza e ambiguedade legal urbanistica, e ademais, agravada pola falta de respostas e solucions dende o Concello.
Os problemas para obter a licenza de apertura están a crear malestar entre os emprendedores do proxecto que ven como se eternizan os prazos e non se vislumbran solicions inmediatas ou en tempo razoable.
Este proxecto ten previsto crear entre 25 e 30 postos de traballo directos e case outros tantos indirectos, algo a ter en conta dado a alta taxa de paro, sobre todo feminino, na localidade e na comarca.
Esquerda unida sempre defenderá o emprego público e de calidade, que xunto coa atención socio-sanitaria e o desenrolo da chamada Lei da Depencia serán o emprego do futuro, non cabe duda; pero tamén hai que ter en conta a proxectos coma este, que por riba de todo xeran emprego, e nos tempos que corren e hora de sumar e non de restar.