EU realizará unha campaña informativa na cidada lembrando que o debate non é ÁREA METROPOLITANA SI ou NON, xa que a súa necesidade parte dun consenso político histórico que agora rompe por intereses partidistas de PP e PSOE.
Para o coordenador local de EU, Rubén Pérez, que sigamos falando de presidencias ou órganos xestores cando estamos ante un instrumento que pode ser moi eficaz para rematar coa “antidiluviana” diputación e a xestión privada con afán de lucro de transporte, auga, RSU, etc.., demostra que temos uns gobernos provinciais, autonómicos e locais de poucas miras. Non existe hoxe alternativa na xestión dos recursos públicos que a mancomunada entre varios concellos xa que os marcos de déficit públicos que sostén o goberno obligarán a reorganizar o mapa municipal.
ESQUERDA UNIDA plantexa unha campaña de información sobre as oportunidades e potencialidades da planificación urbanística e dos servicios que oferta unha área metropolitana en Vigo, sen obviar que a Lei aprobada polo PP parte de erros de bulto como a definición real dos recursos económicos e orzamentarios para levaba a cabo e das formas xurídicas existentes para descentralizar de deputación e concellos afectados cara á entidade metropolitana.
Rubén Pérez suliñou que os consensos dos anos 90 foron posibles porque existían foros de debate e encontro, un movemento veciñal reivindicativo e que non pretendía ser catapulta de dirixentes políticos e sobre todo se deixaba falar a urbanistas, economistas e técnicos antes de establecer apriorismos.
Vigo afronta uns anos decisivos para o seu futuro, a interdependencia co entorno metropolitano, as profundas mutacións que a crise capitalista pode facer no tecido industrial da cidade, pode significar que desaparezan moitos empregos e recursos económicos que obrigan ós poderes públicos organicen ós servizos públicos para o seu abaratamento e sostenibilidade social. Traballar noutro rumo é unha profunda deselantade coa cidadanía.