Xestión incobrados pola Deputación

 

A Deputación Provincial da Coruña dispón dun Servizo de Recadación dotado de un nivel tecnolóxico é organizativo modélico que lle permite xestionar máis dun millón de recibos por un importe total que supera os 100 millóns de euros anuais e cunha porcentaxe de recadación que no período voluntario é do 90% e no período executivo aproxímase ao 50%.

 

Proba da súa eficiencia é que a meirande parte dos concellos da provincia xa delegan a súa recadación no entre provincial.

 

Xa que logo,  Esquerda Unida propón que a Deputación se faga cargo da xestión dos impagados do concello mediante a sinatura dun convenio de colaboración que permita recuperar para a veciñanza coruñesa o que sexa posíbel do burato de impagos do Concello.

 

Esta solución tamén contribuiría a paliar a cancelación de débeda que o Concello fai todos os anos e que no exercicio 2010 ascendeu a dous millóns de euros.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirmou que “con cobrar tan so un 10% dos 70 millóns de euros poderíanse financiar cinco escolas infantís como a que o Concello construirá en Pedralonga”.

 

César Santiso indicou “os poderes públicos deben mellorar a súa coordinación para gañares en eficacia, obviar a nosa proposta sería unha grave irresponsabilidade do equipo de Goberno”.

Relacionados