Xestion directa do transporte público

O pasado setembro a compañía Tranvías del Ferrol SA concesionaria pola Xunta do servizo de transporte metropolitano presentaba no Servizo de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha solicitude para a reestruturación da explotación por concesión alegando unha perda progresiva de usuarios así como un incremento de custes. O de sempre; e a  solución adoptada vai na máis pura liña neoliberal onde todo está en función da rendibilidade económica da cousa ou servizo. Ou o transporte serve para acumular capital ou non hai transporte.

Non o hai como servizo público xa que a proposta adecúase a unha suposta “mellora de oferta” consistente en “dimensionar” o servizo á demanda dos usuarios. Sen eufemismos: eliminar os tramos de servizo menos rendíbeis e quedarse co tráfico e secuencia de liñas que asegure unha boa recadación. Puro axuste de servizos en virtude de datos  contábeis.

A empresa afirma que non vai eliminar liñas e paradas. O que non afirma senón que oculta é que vai eliminar postos de traballo. A redución de secuencias nas liñas con expedicións practicamente só para os días laborábeis e nas horas punta.

A comisión de Emprego do Consello Local de Esquerda Unida reunirase hoxe pola tarde coa representación sindical de Tranvías de Ferrol SA para expoñerlles a nosa postura e escoitar as súas demandas ANTE O PERIGO DUNHA REDUCCIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E A MÁIS  QUE EVIDENTE APELACIÓN Á REDUCCIÓN DE COSTES LABORAIS por parte da empresa e manifesta a súa intención de facelo en breve coa representación dos traballadores de Rías Altas SA (A Graña e A Cabana) e FEVE incluído como servizo no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia e , actualmente, no limbo como empresa ao estar incluída en ADIF administrador do transporte ferroviario e ente xestor por encargo da privatización completa tanto de RENFE como de FEVE. Este é o panorama e non hai solución que non sexa defender o transporte como un servizo que corresponde a un dereito como é o da mobilidade.

Relacionados