Xestión municipal da grúa e a ORA

 

O grupo municipal de EU-V denuncia que a empresa concesionaria non so supuxo un custo de 1,7 millóns para o concello nos tres últimos años, senón que ademais paga tarde ao seu cadro de persoal. Situación denunciada por Esquerda Unida no pasado mes de agosto e que, segundo indicaba o sindicato UGT, os problemas arrástranse dende o ano 2008, tendo sancionado a propia inspección de traballo á empresa.

 

Así a empresa concesionaria, Grupo Europeo de Servizos Doal, recibe das arcas municipais a cantidade deficitaria derivada da xestión destes servizos, e dicir unha vez máis os coruñeses e coruñesas temos que financiar as perdas dunha empresa privada, tal e como establece o contrato adxudicado en abril 2005, debido a unha mala xestión pública do PSOE que cando goberna dedicase a brindar contratos que aseguren a socialización da perdas das empresas ao tempo que privatiza os beneficios.

 

Esquerda Unida solicita que o Concello recupere a xestión municipal da ORA e da grúa, negociando coa empresa que non debería ter problema en renunciar á concesión xa que, si as súas contas de resultados reflicten a realidade, no está na obter beneficios empresariais e ademais o seu contrato remata no ano 2015.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “ORA, grúa, bus, limpeza de rúas, recollida de refugallos ou deportes, son a demostración palpábel de que a externalización de servizos municipais supón un sobrecusto para o Concello e unha fonte de conflitos e molestias para a veciñanza”.

 

“Chegou o momento de que o Goberno municipal asuma a súa responsabilidade e actúe para evitar esta situación. O Concello ten a obriga de aforrar cartos e mellorar a calidade dos servizos a cidadanía, empecemos por recuperar servizos de doada xestión e alta rendibilidade como a retirada de vehículos e vixilancia de estacionamento” afirmou Santiso.

Relacionados