Xestión pública do polideportivo do Castrillón

 

O Consello comarcal de EU Coruña entende que os veciños necesitan con urxencia dispor de instalacións deportivas, e por iso propón ao Goberno municipal que sexa o propio concello quen construía e explote o polideportivo do Castrillón.

 

Para Esquerda Unida a opción de construcción e explotación do polideportivo é a máis xusta e rendíbel. Se as instalacións as va a utilizar a cidadanía, semella lóxico que sexa esta quen democraticamente decida sobre elas a través do seu concello, con todo, o Goberno municipal está a cortar de raíz esta posibilidade ao externalizar a xestión dun ben público, desta maneira as decisións sobre a xestión do polideportivo non recaen sobre o pobo senón sobre unha empresa privada que so busca a rendibilidade económica. Asemade, a empresa privada sempre aplica unha marxe de beneficio sobre os prezos, polo que si a xestión a desenvolve o concello a cidadanía coruñesa beneficiarase cunha reducción de prezos procedente de non aplicar o dito marxe de beneficio.

 

EU lembra que a vía de externalización elixida unha vez máis polo Goberno municipal non é máis que unha demostración da incapacidade para desenvolver unha xestión municipal eficaz por parte do Goberno local.

 

Esquerda Unida quere manifestar o seu total apoio as demandas da asociación de veciños O Castrillón-Urbanización Soto e esixe ao Goberno municipal que cumpra as obrigas que ten contraídas coa veciñanza e construía o polideportivo do Castrillón.

Relacionados