compostela.gif - 5.83 Kb

Xestión Pública vivendas bancos

 

Por este motivo o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presentara, o pasado 14 de marzo, unha moción pedindo a creación dunha axencia pública municipal de aluguer co obxectivo de incentivar a posta a disposición da cidadanía de vivendas en rexime de alugueiro social.

 

Mantendo firme a proposta de que a pisos vendidos a particulares, pero baleiros sen motivo, se lle cargue o máximo IBI posible para incentivar a súa inclusión na axencia pública de aluguer, consideramos obsceno e unha inxustiza social que, por considerar activos tóxicos vivendas en perfecto uso, se rescate con cartos públicos bancos ou caixas que quixeron lucrase coa especulación urbanística e impediron que se materializase o artigo 47 da Constitución Española.

 

Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela consideramos un mínimo esixible a calquera banco ou caixa que reciba cartos públicos para o seu saneamento que ceda ou traspase a titularidade da propiedade deste pisos baleiros ó Estado, que, á súa vez, cedería a xestión destes inmobles ós concellos para garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna.

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

 

ACORDOS

 

Primeiro. Solicitar que as vivendas do stock inmobiliario dos bancos e caixas que reciban axudas públicas pasen a ser propiedade do Estado

 

Segundo. Que as vivendas nacionalizadas pasen a ser xestionadas polos concellos para garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna.

 

Terceiro. Crear a axencia pública municipal de aluguer para xestionar ditas vivendas.

Relacionados