XI Asemblea Nacional

Esquerda Unida celebra a XI Asemblea Nacional que terá lugar o 27 de abril en Compostela. A situación de emerxencia social na que nos atopamos precisan dunha reacción do conxunto da cidadanía. Co obxectivo de sumar para multiplicar, as teses de Esquerda Unida serán presentadas e compartidas cos diferentes movementos e organizacións sociais e sindicais.

Yolanda Díaz coordinadora nacional de Esquerda Unida “é preciso repolitizar e uniformizar o conflicto social, un dos obxectivos desta asemblea é organizar a rebeldía para construír a alternativa que dispute a hexemonía e o poder ao neoliberalismo”. A multiplicidade dos conflictos existentes na sociedade e a situación de emerxencia social, precisa dunha reacción conxunta sen sectarismos, capaz de gañar a batalla dende a rebelión nas rúas.

Carlos Portomeñe membro da dirección nacional de Esquerda Unida afirma que “as teses desta asemblea consolidan a postura de Esquerda Unida cara a construción dun bloque social e político anticapitalista”. A loita común e a construción dun bloque social é o xeito de combater as políticas asoballadores dos gobernos neoliberais, Esquerda Unida abre a organización á cidadanía a través das súas  áreas de elaboración colectiva, nas que todas as persoas dispostas a traballar polo ben común teñen cabida para entre todos e todas, artellar a rebelión democrática que nos libere da opresión do capital.

Por isto, Esquerda Unida afronta a XI Asemblea con vontade de compartir e amosar un proxecto ilusionante que devolva a esperanza á cidadanía.

 

Relacionados