Xixón anos 80, Ferrol 2013

A defensa do público segue a ser un motivo de loita fronte ás políticas neoliberais e devastadoras Rajoy e seguidas de preto por Feijóo. A comunicación da non inversión no dique flotante prometido para a comarca de Ferrol provoca manifestacións e protestas do sector ante o “engano premeditado” e a falta de vontade dun goberno xa falto de credibilidade.

A Executiva Nacional de Esquerda Unida considera que a situación actual do naval en galicia deixará a milleiros de traballadores e traballadoras na rúa. Esta situación é o devir de moitas comarcas, as políticas de destrucción de emprego son o caderno de bitácora dun goberno ilexítimo e dun sistema en descomposición que ten unha aténtica aversión a todo o sector público.

Yolanda Díaz reclama un dobre e inmediato compromiso:  “financiar o dique e achegar carga de traballo ”. Ante a cobarde decisión do PP de non construir o dique e escudarse na negativa europea, Esquerda Unida esíxelle ao goberno que autorice a inversión para cumplir a súa promesa e salvar unha comarca que depende do sector naval. A construcción do dique flotante é carga de traballo para o asteleiro público, e esta é a única postura que debe de defender o goberno fronte ás directrices mercantilistas e privatizadoras dos dirixentes europeos.

Como xa dicían polo norte nos anos 80, ‘se non hai solución, queimamos Xixón’ manifestaba a deputada de AGE, que vén de presentar no Parlamento galego, unha serie propostas na procura de solucións sendo todas elas rexeitadas polo PP evidenciando así que non teñen nen queren solucións.

Esquerda Unida manifesta o seu apoio aos traballadores e traballadoras que están loitando pola defensa dos seus dereitos e contra as políticas antisociais que está a impoñer o Partido Popular.

Relacionados