Informarvos que o Consello comarcal de Esquerda Unida vai desenvolver na xornada de mañán xoves, día 26 de xullo, unha xornada de explicación e recollida de sinaturas a prol dun referéndum, XORNADA DE REBELIÓN DEMOCRÁTICA, para que sexamos a cidadanía os que decidamos que medidas adoptar para producir emprego estable e con dereitos e unha protección social plena.
Encabezados por Xosé María Dobarro, coordinador comarcal, a xornada de mobilización nas rúas comezará cunha mesa informativa na praza de Armas, a partires das 11:00 horas, na que as mulleres e homes de EU repartirán material informativo e recollerán sinaturas para esixir a convocatoria dun referéndum cidadá, que decida sobre as medidas que Rajoy está a aplicar e que contradín o programa co que gañou as eleccións o PP; procedemento fraudulento que de non se correxir nun referéndum reduce a cualificación do goberno Rajoy á dun goberno ilexítimo.
Mañán animamos a cidadanía a compartir as rúas na demanda dun reférendum que devolva a soberanía popular a este pobo.