Santiago de Compostela, 5 xuño de 2013.- O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Juan Manuel Fajardo, destacou na comisión parlamentar celebrada esta mañá a necesidade de traballar para reducir a idade de xubilación das mariscadoras no noso país idea que obtivo o respaldo da máxima responsable do sector do marisqueo en Galicia. As xustificacións aportadas polo deputado de AGE baseábanse nas duras condicións desta actividade que coincidiu en sinalar a directora xeral.
Dado que a directora xeral de desenvolvemento pesqueiro, Susana Rodríguez, recoñeceu ao deputado de AGE o inadecuado de que traballadoras de máis de 65 anos teñan que continuar baixando ao mar máis aló dos 60 anos, AGE trasladará, a través dunha iniciativa parlamentar, a necesidade de incrementar os coeficientes redutores que permitan a xubilación a menor idade das mariscadoras, ao tempo que o grupo parlamentar continuará a traballar por reducir a idade de xubilación do conxunto de traballadores e traballadoras do país.