Xunta de voceiros

 

Esquerda Unida reclama unha acción concertada da Xunta de Galicia, co seu Presidente e Conselleiro de Industria, e da Delegación do Goberno  para garantir a dotación suficiente nos vindeiros orzamentos do Goberno do Estado e da Xunta para garantir a construción do dique flotante, elemento que semella clave para facilitar novos contratos na división de reparacións.

 

Esquerda Unida pide o cese dos partidismos electoralistas entre Goberno Central e Xunta de Galicia, entre PSOE e PP,  a conta do que ten que ser unha acción unitaria de todas as forzas políticas, sindicais e sociais da comarca para acadar este compromiso firme coa construción do dique. Ou o que é o mesmo para garantir futura carga de traballo e polo tanto emprego estable e con dereitos, do que resulte riqueza social para a nosa comunidade.

 

Unha vez máis lembramos que EU presentou unha emenda aos orzamentos xerais do Estado deste ano en vigor que non prosperou pola falla de apoio do PP e do PSOE. Temos a oportunidade de corrixir esta situación pero témolo que facer de xeito unitario entre todas e todos. Somentes deste xeito evitaremos un risco mortal para o emprego e o futuro da nosa cidade.

Relacionados