ferrol.gif - 5.79 Kb

Xunta Dirección Xeral

 

Yolanda Díaz e Javier Galán  avanzaron as posicións que a nosa organización mantén no eido da necesaria rehabilitación integral de Recimil  nunha cordial xuntanza de traballo co Director Xeral e técnicos da Consellaría.  Ámbalas dúas partes amosaron  a necesidade de profundar na colaboración institucional  para dar solución a un barrio, que queremos lembrar resta protexido e necesitado dunha fonda  acción rehabilitadora.

 

Esquerda Unida amosou  a súa defensa das políticas de recuperación e rehabilitación  para os espazos históricos da Magdalena e Ferrol Vello. Dar continuidade e profundidade a laboura rehabilitadora semella fundamental para acadar unha recuperación do noso patrimonio e para desenvolver unha outra política de vivenda, na que a rehabilitación e o enfoque social se conxuguen a prol de facilitar o acceso á vivenda aos colectivos máis desfavorecidos así como para gañar unha recuperada vida urbana neses ámbitos.

 

Non deixaron pasar a ocasión  a voceira de EU e o concelleiro Javier Galán para trasladarlle ao Director Xeral a cuestión da necesaria protección como BIC do dique da Cabana. Cómpre atender a súa protección e evitar progresivos deterioros dunha peza única e valiosa, parte da historia da nosa cidade.

 

Con este encontro, EU  trasladoulle á Consellaría as ideas e posicións da nosa organziación encol de cuestións que van formar parte da axenda inmediata e importante da cidade tralos comicios de maio.

Relacionados