Xunta Voceiros Orzamentos Estado

 

A xunta solicitouese co obxecto de avaliar e formular alternativas encol duns orzamentos do Estado decepcionantes, que na opinión do Grupo Municipal comparten unha dupla faciana caracterizada por ser provocadores e estériles, deixando sen atender ningunha das problemáticas centrais da cidade.

 

Esquerda Unida vai formular na Xunta de Voceiros o que coidamos supón un acabado programa de emendas alternativas que permitan dotar orzamentariamente os aspectos hoxendía centrais e sen resolver da cidade: consignación orzamentaria suficiente para construír neste exercicio o dique flotante como primeira esixencia; e logo  achegas acrecidas para poder avanzar de maneira significativa no saneamento da ría e nas conexións ferroviarias tanto co eixe atlántico canto co Porto Exterior, asemade de avanzar outros aspectos de reindustrialización  e de rehabilitación, precisos para satisfacer necesidades en materia de emprego  e dinamización da economía.

 

Yolanda Díaz subliña a necesidade de construír unha fronte unitaria de acción que reivindique e faga forza no Congreso para que o Goberno de Rajoy RECTIFIQUE  e dote orzamentariamente as diferentes necesidades en materia  de investimentos e sociais  que se lle adebedan a nosa cidadanía.

 

EU agarda que o Goberno Municipal se poña de parte da nosa cidadanía e non faga de parapeto obediente do Goberno do Estado. A alcaldía se debe aos intereses xerais da nosa cidadanía. Terá que asumir a necesidade de que o Goberno do Estado cambie as partidas para conquerir o dique flotante e achegas significativas nos outros aspectos esenciais para a cidade.

Relacionados