Xuntanza AAVV Cristovo das Viñas

 

Esquerda Unida mantén unha xuntanza coa nova AAVV San Cristovo das Viñas. Na reunión co concelleiro de EU-V, César Santiso, o presidente da AAVV, Jesús Rey, e o tesoureiro, Emilio Vidal, indicaron que a finalidade da asociación e realizar actividades socioculturais, deportivas e ofrecer axuda social a veciñanza que a requira. Os responsábeis veciñais indicaron ao concelleiro que ainda que xa existe unha AAVV, a nova xurde derivada da necesidade e cubrir o amplo ámbito territorial que constitúen os barrios do Birloque, Elviña e San Cristovo das Viñas.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes apoia a solicitude da nova AAVV en relación coa concesión dun local por parte do Concello da Coruña para que poidan desenvolver a súa actividade asociativa. En EU-V apostamos polo fomento ao asociacionismo veciñal, como ferramenta para mellorar a calidade democrática, por iso, e habida conta de que existen locais públicos baleiros nas inmediacións do Birloque propoñemos ao Goberno municipal que asigne un espazo a esta nova AAVV para que poidan realizar xuntanzas e desenvolver as actividades propias dunha asociación veciñal.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a constitución dunha nova AAVV sempre é unha nova positiva por enriquecer o tecido asociativo coruñés e, xa que logo, incrementar a participación cidadá.

 

“Os veciños e veciñas da Coruña poden ter a absoluta certeza de que Esquerda Unida apoiará todas e cada unha das medidas que se nos presenten en relación con incrementar o apoderamento da cidadanía diante das institucións”, declarou César Santiso.

Relacionados