Xuntanza AAVV San Xoán

 

Esta proposta é en realidade un recordatorio para este novo Goberno Municipal, para que acometa a obra consignada no actual orzamento; obra que conta con partida orzamentaria grazas a súa inclusión no actual orzamento a instancia do noso Grupo Municipal.

 

 

A democracia supón facer realidade os acordos adoptados polo Pleno do concello, que neste caso tiveron o respaldo do actual partido gobernante na nosa cidade. Emporiso reclamamos do actual Goberno Municipal que execute a partida consignada no anexo de investimentos para millorar a seguridade vial da veciñanza do barrio.

 

 

En xaneiro deste ano aprobábase a moción por unanimidade que logo foi incorporada no anexo de investimentos do concello de 2011 para dar resposta ás demandas veciñais de San Xoán, que son recorrentes no que atinxe a dotar de beirarrúas esas rúas que acumulan moito tráfico sen seguridade vial algunha. Son repetidas as incidencias e atropelos derivados desta circunstancia e que cómpre arranxar á maior brevidade. Aínda onte na xuntanza mantida coa entidade veciñal se facían eco dun penúlitmo incidente hai poucos días a causa desta situación.

 

 

Javier Galán mantivo no día de onte unha xuntanza de traballo coa entidade veciñal para abordar as problemáticas máis urxentes e importantes que ten o barrio de San Xoán. Esta foi unha das cuestións centrais desa xuntanza.

Relacionados