Xuntanza A.VV. da Cidade Vella

A asociación valorou positivamente as propostas do grupo municipal de esquerda unida – os verdes para evitar a arbitrariedade que pode xurdir da nova ordenanza de terrazas e aumentar a participación e transparencia. Posto que a norma é excesivamente flexible semella necesario establecer ferramentas de control sobre as excepcións que permite a norma, xa que logo, a ordenanza debe incluír a definición de funciones e a composición da Comisión de Seguimento para outorgarlle capacidade de decisión tanto nos permisos que incluían excepcións e para locais distintos ao grupo I (pubs, discotecas, hoteis, bingos…), así como as funcións de control en canto a denuncias. Permitindo así que os membros da comisión desenvolvan unha función de enlace entre veciñanza e Concello o que axilizará e fará máis eficaz o control do cumprimento da ordenanza. A Comisión, cuxo regulamento se aprobará en Pleno, estará composta por un representante de cada federación veciñal, do sector hostaleiro, das persoas con minusvalía, de cada grupo da oposición, do colexio de arquitectos e da Escola Técnica Superior de Arquitectura da USC, ademais dos técnicos e concelleiro designado polo goberno municipal.

Asemade, a ordenanza debe  establecer que os veciños afectados teñan capacidade de decisión sobre o outorgamento de permisos de terrazas cando estas constitúan unha excepción á norma, así como os permisos para todos os locais hostaleiros que se atopen fora do grupo I. Con estas ferramentas poderá conxugarse de maneira equitativa dos intereses da veciñanza e dos hostaleiros en canto a xestión do espazo público e garantir principio de espazo de convivencia para todos e todas.

O voceiro de EU-V, César Santiso, alertou que debido a asfixia económica a que a están a someter os poderes públicos, os de 300 socios poden quedar sen local social logo de máis de trinta anos de historia”, pois a asociación non recibe axuda algunha, ni do concello nin da Deputación. Así no último ano a Deputación retiroulle a subvención sen previo aviso e como queira que esta concédese a exercicio vencido, a AVV. tivo que afrontar os custes de todas actividade desenvolvidas que en anos anteriores eran subvencionadas polo ente provincia. Esta situación imposibilitará nuns meses a asociación seguir pagando o aluguer do local, pois o concello non lle cede ningún e as cotas dos asociados son de 1,8 € mensuais aos que hai que descontar os custes de xestión de cobro.

Esquerda Unida propón que o concello asine un convenio coa AVV. Cidade Vella como semente da creación dun centro cívico, xa que o barrio non dispón de ningún e é unha reivindicación histórica da veciñanza e unha débeda histórica do concello. Así, mediante un convenio poderíase paliar a falta dun centro cívico, mentres non se decida dotar ao barrio dun. A idea consiste en que a AVV. cedese o seu local social coas súas infreaestruturas administrativas, informáticas e de comunicación ao concello para que este establecese na Cidade Vella unha oficina dos servizos sociais con a lo menos un asistente social, os días ou as horas que o goberno municipal considere necesario.

Hai que recordar que no barrio viven moitas persoas maiores que necesitan dos servizos dun asistente social e se beneficiarían das actividades que o concello e a asociación veciñal desenvolvesen ao abeiro do devandito convenio. Así fomentaríase un maior grado independencia das persoas maiores, facilitaríase a súa integración social e incluso as súas capacidade de mobilidade, pois o desprazamento dende os seus domicilios cara o centro social obrigaríalles a facer algo de exercicio físico. Desta maneira o concello fomentaríaa  a calidade de vida das persoas maiores.

Relacionados