Unha delegación de Esquerda Unida encabezada polo secretario de organización, Rubén Pérez, a responsable nacional de políticas sociais Sofía Díaz e Xabier Ron, membro da dirección nacional de EU e deputado de AGE no parlamento galego, mantiveron unha xuntanza de traballo co delegado do Frente Polisario en Galicia, Habibullah Muhamed Kuri e Maite Isla, presidenta da asociaciación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
O delegado do frente polisario, Habibullah e Maite Isla manifestan a súa preocupación polos ataques continuos aos dereitos políticos e económicos do pobo saharaui, facendo referencia aos acordos asinados entre a Unión Europea e o Reino de Marrocos. Entre eles o novo acordo pesqueiro que abre a porta á pesca nos caladoiros saharauis e permite a explotación dos seus recursos naturais sen definir ningún tipo de compensación, sen esquecer a explotación que o hollding galego JEALSA-Rianxeira (instalado en Aaiún) está a practicar no Sahara Occidental.
Esquerda Unida reitera o seu apoio á defensa dos dereitos do pobo saharaui ante a crecente represión exercida polo Reino de Marrocos e manifesta a necesidade de que a Misión de Nacións Unidas para o Referendo no Sahara Occidental (MINURSO) amplíe o mandato e as competencias para supervisar o respecto dos dereitos humanos no Sahara Occidental. Esquerda Unida reitera o seu apoio á defensa dos dereitos, políticos e económicos, do pobo saharaui e a súa disposición a continuar tomando e apoiando diversas iniciativas nos niveis europeo, español e galego a favor destes.
Esquerda Unida reitera o compromiso de solidariedade co pobo saharaui e reclama a atención das resolucións da ONU para devolverlle ao pobo saharaui as terras ocupadas actualmente por Marrocos.
Nestes intres EU está a participar na campaña de recolleita de material escolar para enviar aos campamentos de refuxiadas e refuxiados.