No transcurso da xuntanza desenvolvida nun to cordial e agradábel, os representantes do Foro mostraron o comunicado que a organización fará público no día de hoxe.
Esquerda Unida apoia a solicitude do Foro pola Memoria de Galicia para que o Goberno local reconsidere a súa decisión e recorra a sentenza.
Ao finalizar a xuntanza o coordinador comarcal de EU Coruña, César Santiso, indicou “atendemos gustosos a solicitude de xuntanza do Foro Galego pola Memoria, comprendemos e compartimos a súa indignación”.
Achegamos o comunicado do Foro pola Memoria de Galicia:
O FORO POLA MEMORIA DE GALICIA CALIFICA DE FALACIA O ARGUMENTO DO CONCELLO CORUÑÉS PARA NON RECORRER A SENTENCIA QUE DEVOLVE A MILLÁN-ASTRAY O TÍTULO DE FILLO PREDILECTO DA CIDADE
O Concello coruñés anunciou que non ía presentar recurso contra a sentencia que obriga a restituír o título de fillo predilecto da Coruña ao golpista Millán-Astray. Xustifica esta decisión nun suposto informe dos servizos xurídicos do Concello que dictaminan a solidez da sentencia e o malgasto que suporía dedicar tempo e cartos en recorrela.
Hai que salientar que o informe até o de agora é secreto, negándose o Alcalde a facelo público.
O que non di o Goberno Local, é que os avogados da filla do fascista si teñen recorrida a sentencia co obxectivo de lograr que sexan restituídos o nome da praza e a estatua. Polo tanto o Concello no vai a aforrar cartos coa súa inacción, dado que o proceso xudicial continua pola insistencia da outra parte.
Dende o Foro Pola Memoria de Galicia advertimos ao Goberno Local que de non persoarse no recurso da familia do fascista, correse o risco de que os tribunais dean razón á familia e os coruñeses e coruñesas teñamos que volver a ver a estatua dun traidor presidindo unha praza da nosa cidade.
Por elo esiximos ao Goberno coruñés que recapacite e recorra a sentenza.