Xuntanza co Partido Humanista

 

Así, si onte constatábase a boa sintonía entre Equo e EU na procura dunha converxencia, hoxe sucedeu o mesmo co PH. A delegación de EU a encabezou o seu responsábel de comunicación nacional e voceiro do grupo municipal de EU-V na Coruña, César Santiso, mentres que ao fronte do PH estaba Guillermo Zurita.

Esquerda Unida e o Partido Humanista apostan decididamente pola confluencia nunha fronte ampla de esquerdas, así se desprende do amplo grado de coincidencia amosado por ambas as dúas organizacións logo de debater as bases programáticas que permitan acadar un acordo para formar unha ampla coalición electoral que sexa quen de devolver a ilusión á cidadanía, cansa dos partidos tradicionais, e de mostrar con claridade que hai alternativa, que se pode saír da crise pola esquerda con medidas sociais e cun fondo e profundo cambio do modelo produtivo.

Cada día que pasa a Syriza galega está máis próxima de converterse no novo suxeito político e social de longo percorrido que modifique o panorama político galego na defensa dos dereitos da cidadanía. Efectivamente cada vez son máis as organizacións que están dispostas a dar o paso e sumarse ao que está chamado a ser unha fronte hexemónica galega que sexa quen de transformar a realidade do noso país.

Ao igual que Equo que desenvolverá hoxe a súa asemblea, o Partido Humanista preguntará de urxencia as súas bases pola conveniencia de participar na coalición da esquerda anticapitalista, Ao igual que EU o PH amosouse convencido de que estamos a vivir unha situación de emerxencia que obrigan a tomar medidas excepcionais, polo que cumpre ter valentía, decisión, intelixencia política e xenerosidade para acadar a unidade das forzas da esquerda alternativa e transformadora nun momento histórico que pode cambiar a historia do noso país.

 

Relacionados