Xuntanza co reitor da UDC

Yolanda Díaz e o deputado David Fernández reuníronse esta mañán co reitor da UDC, Xosé Luis Armesto.

A vicevoceira do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, e o deputado, David Fernández, reuníronse esta mañá co reitor da UDC para falar da grave situación actual que está a atravesar a Universidade ante cos recortes orzamentarios que está a facer o Partido Popular e outras medidas como as tasas.

A vicevoceira sinalou como fundamental manter un modelo social que garanta a equidade xa que “unha das fórmulas fundamentais para cambiar mundo e manter os dereitos e fornecer o sistema universitario” o que supón facer todo o contrario do que está a facer o goberno do Partido Popular.

Yolanda Díaz suliñou referiuse de xeito concreto as tasas que asegura “impiden de facto o acceso das clases populares volvendo como nos peores tempos a uns eixos nos que a ensinanza queda destinada para as familias que teñan recursos, ensino so para quen poda pagalos”. Tal e como explicou o propio reitor aos membros do Grupo Parlamentar, as tasas están a repercutir agora mesmo xa de xeito importante no noso páis. “Terán que pagar unha porcentaxe sobre o custe real do servizo que é unha barbaridade tendo en  conta que xa pagamos impostos polo que unha vez máis un repago pero a proposta que se fai é que sexa incluso ata o cen por cen polo tanto somentes poderán acceder os fillos e fillas das clases ricas deste país” denunciou Yolanda Díaz.

A todo isto súmanse as restriccións do financiamento do estado coa reducción do 18 por cento no  referido a educación superior pero tamén o 80 por cento en I+D+I o que fai que a Universidade esté a atravesar unha situación realmente alarmante tal e como destacaron os membros de Alternativa Galega de Esquerda.

O deputado David Fernández pola súa banda denunciou o feito de que a Xunta non se reuníu cos reitores para falar dos orzamentos nin tan sequeral les consultou. “Nos que queremos estar e traballar coa sociedade para que sexan realmente eles os que gobernen o noso país e por iso iniciamos esta ronda de contactos cos reitores para coñecer os seus problemas e necesidades para podelo trasladar ao Parlamento” explicou.

 

 

Relacionados