Esquerda Unida prosigue co chamamento para a construción dun proceso de rebelión cidadá, de cara as vindeiras eleccións municipais, para o que conta coa necesaria interlocución e participación activa de persoas, movementos sociais, culturais e sindicais.
O deputado de AGE e membro da executiva nacional de Esquerda Unida Xabier Ron, xunto con Sofía Díaz, responsable de políticas sociais, mantiveron unha xuntanza de traballo coa Fundación Secretariado Gitano, coa fin de recadar información sobre a situación da comunidade xitana en Galicia, así como facerlles partícipes activos no proceso de elaboración programática, de cara as vindeiras eleccións municipais, recollendo ás súas propostas cara as eleccións municipais de 2015.
Con esta xeira de contactos, Esquerda Unida quere recoller de primeira man as propostas de entidades que priorizan a intervención con colectivos que se atopan nunha situación de risco ou de exclusión social, de invisibilidade social e de especial fraxilidade e vulnerabilidade ante a ofensiva neoliberal e represora do goberno do PP, que pretende acabar para sempre con dereitos sociais e laborais elementales.
A Fundación do Secretariado Gitano, representada pola súa directora territorial en Galicia, Eva Vera, e polo coordinador de Lugo, Manuel Requeijo manifestaron a súa preocupación e indignación polo agravamento da situación de exclusión social que segue a padecer a poboación xitana, especialmente en Galicia, donde viven entre 9000 e 12000 persoas xitanas. Así, destacan que “a extensión da pobreza e da exclusión a amplas capas da sociedade non pode invisibilizar carencias e debilidades dunha comunidade afectada non só pola privación material, senón polo rexeitamento, marxinación e discrimina
Segundo estudos realizados a nivel estatal, en 2007 un 5,8% da poboación xeral se atopaba nunha situación de exclusión severa, esta porcentaxe increméntase no 2013 ata un 9,5% da poboación. No caso da comunidade xitana os datos se disparan ata cotas insoportables socialmente. Xa no 2007 un 26% se atopaba nesta situación, pero no 2013 ata un 54% da comunidade xitana se atopa nunha situación de exclusión severa. E estes datos non fan máis que empeorar se os trasladamos a Galicia.ción que sofre e que afecta á garantía e dereitos fundamentais”.
Así, no 2007 un 4% da comunidade xitana, a nivel estatal, vivía en condicións de infravivenda e/ou chabolismo, ampliándose no caso de Galicia ata un 30%. Nestes anos só se conseguiu reducir ata un 20%, a poboación xitana galega que vive nestas condicións.
Outro apartado no que a Fundación do Secretariado Gitano denuncia graves desigualdades é o acceso á educación, a formación e apredizaxe permanente Especialmente preocupante é a taxa de abandono escolar na educación secundaria, que xa afecta a 6 de cada 10 nenas e nenos.
Ante a convocatoria de eleccións municipais, a Fundación Secretariado Gitano propón unha serie de medidas específicas que garantan a inclusión social da comunidade xitana, reforzando as políticas de loita contra a pobreza e a exclusión social, apostando por medidas que garantan a cohesión social e os dereitos máis básicos de cidadanía, así como intensificando as medidas específicas de compensación e activación adaptadas á comunidade xitana, co obxecto de reducir a brecha de desigualdade.
Esquerda Unida comprométese a visibilizar socialmente e nas institucións a realidade da comunidade xitana e a achegar propostas e alternativas que dende a sociedade civil, a través da Fundación Secretariado Gitano, pero tamén dende as administracións e a política poidan ser útiles na loita contra a situación actual, derivada das políticas do goberno, incapaces de recoñecer ó enriquecemento que supón a diversidade social e favorecer a súa integración social.