Esquerda Unida vén de reunirse co Sindicato Ferroviario. De cara á folga xeral do 14N Esquerda Unida está mantendo unha rolda de contactos cos sindicatos de clase para sumar e participar na difusión desta folga social. Yolanda Díaz, mantivo unha xuntanza esta mañá cunha delegación do Sindicato Ferroviario Intersindical encabezada polo seu Secretario Xeral Rafael González Escudero.
A necesidade dunha rebelión cívica que garanta a devolución dos recortes sociais e laborais, xunto coa vontade de cambiar o sistema capitalista que nos está a conducir cara a pobreza máis absoluta, pasa porque este 14N as rúas se enchan de rebeldía cidadá.