Xuntanza co SLG

Unha delegación de Esquerda Unida, encabezada pola coordinadora nacional e deputada, Yolanda Díaz, reúnese hoxe co Sindicato Labrego Galego. Se a situación do agro en Galicia en xeral é devastadora, a do sector lácteo en concreto está a padecer unha crise continua que se ve acentuada por falta de vontade política. Esquerda Unida, manifesta o seu apoio ao sector así como a súa vontade de ser interlocutor das súas demandas.

Esquerda Unida reitera o seu compromiso e apoio co sector productor de leite. Este compromiso co sector lácteo debe ser un camiño máis para que o rural galego sexa quen de manter a súa autonomía. O artellamento do territorio galego tamén pasa pola defensa do agro, unha inversión forte que permita a continuación dun sector do que viven milleiros de familias.

Yolanda Díaz manifesta que é imprescindible unha defensa do territorio, e o rural é o gran esquecido do noso país. É imposible manter as explotacións lácteas cando o prezo do leite non cubre nin os gastos de produción, e non garante uns ingresos suficientes para vivir desta actividade.

Segundo os datos de onte, a taxa de paro en Galicia medrou un 3,25%,  pero según datos dos sindicatos, case o 30% das explotacións galegas están ao borde da suspensión de pagos, o que suporía un porvir de incremento da taxa de paro e o empobrecemento da nosa sociedade.

 

Relacionados