Xuntanza coa AVV. O Catrillón

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes e a AVV. Castrillón-urbanización Soto IAR consideran que a ordenanza de terrazas é excesivamente permisiva polo que coinciden na necesidade dun mecanismo de control participativo e transparente como o proposto por EU para evitar a arbitrariedade que incorpora a normativa, que pode impedir unha conxugación equitativa dos intereses da veciñanza e dos hostaleiros en canto a xestión do espazo público, pois aínda que a flexibilidade poida ser positiva en algunhas ocasións, esta debe ser controlada de maneira democrática.

Precisamente como a ordenanza non garante o uso e goce colectivo Esquerda Unida, para asegurar o cumprimento do principio de espazo de convivencia para todos e todas, pretende incorporar unha alegación para que a ordenanza inclúa a definición de funciones e a composición da Comisión de Seguimento para outorgarlle capacidade de decisión tanto nos permisos que incluían excepcións e para locais distintos ao grupo I, como de control en canto a denuncias. Permitindo así que os membros da comisión desenvolvan unha función de enlace entre veciñanza e Concello o que axilizará e fará máis eficaz o control do cumprimento da ordnenanza. A Comisión, cuxo regulamento se aprobará en Pleno, estará composta por un representante de cada federación veciñal, do sector hostaleiro, das persoas con minusvalía, de cada grupo da oposición, do colexio de arquitectos e da Escola Técnica Superior de Arquitectura da USC, ademais dos técnicos e concelleiro designado polo goberno municipal.

O Castrillón está a favor da proposta de Esquerda Unida para que seña necesario o aval dos veciños para tramitar permisos de terrazas que supoñan unha excepción á norma, así como os locais que non pertenzan ao grupo I como os Pubs. Con esta iniciativa se lle outorga verdadeira capacidade de decisión á cidadanía para todas as excepcionalidades, porque non debemos esquecer que estamos a falar de uso privativo de espazos públicos que pertencen a todos e todas.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “estamos a constatar a fonda preocupación que está crear na veciñanza a permisividade da normativa de terrazas, tanto a FAVA como as asociacións veciñais que visitamos até agora, Rosales e Castrillón,  fan especial fincapé.

 

Relacionados