Xuntanza coa A.VV. Rosales

Nunha xuntanza Esquerda Unida e a AVV. “Los Rosales” coinciden na preocupación que supón a permisividade da ordenanza de terrazas, pois a norma proposta polo PP non conxuga de maneira equitativa os intereses da veciñanza cos do sector hostaleiro en canto a xestión do espazo público ao non garantir o uso e goce colectivo. Xa que logo, non respecta o principio de espazo de convivencia de todos e todas porque é moito máis permisiva que a anterior, ao permitir a ocupación de mais espazo público, si antes o ancho mínimo das beirarrúas era de 3 m. agora é de 2,5 e excepcionalmente 2,3. Nas rúas peonís en prazas antes o paso mínimo era de 3,5 e no se podía ocupar máis do 20% de anchura agora é de 3 m. e se pode ocupar até a metade do ancho. Asemade permite a instalación de terrazas a pubs e incluso de maneira excepcional a discotecas e outras instalacións como hoteis ou cines.

A asociación veciñal avala a proposta do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes para evitar arbitrariedades, incluíndo na norma de terrazas un mecanismo de control efectivo, participativo e transparente para resolver todas as excepcións que incluía a norma, así como todo o relacionado con esta como por exemplo o seguimento, tanto para permisos como para denuncias. O mecanismo consistiría en definir con claridade unha comisión no que ademais do goberno municipal, teña cabida un representante por: cada federación veciñal, polo sector da hostalería, polas persoas con minusvalía, por cada grupo municipal da oposición, polo colexio de arquitectos e pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da USC. O Pleno do Concello aprobará o regulamento da devandita comisión.

O presidente da AVV. Fernando Carrillo agradeceu a intención de eu de incorporar ao movemento veciñal nas decisións da política municipal así como o esforzo para achegar a información adicional para clarificar a propia ordenanzas así como as diferenzas coa anterior normativa.

Relacionados