eu a xunlla.jpg - 9.72 Kb

Xuntanza coa directiva da AVV A Xunlla de Laraño

 

Durante a reunión os directivos e directivas da asociación manifestaron, en primeiro lugar, a súa preocupación polo abandono do rural que levan a cabo as Administracións Públicas, exixindo se garantan os dereitos que se deben cumplir en condicións de igualdade coa zona urbana.

 

Un dos aspectos máis comentado foi o da saturación de tráfico existente en moitas zonas de Laraño, debido a que é zona de escape circulatorio da rotonda da autovía, que fai necesario acondicionar a zona para que as persoas poidan transitar con plena seguridade e sen temor ao tráfico. Outra circunstancia posta de relevo foi a necesidade de dotar á zona de espazos de lecer para a xente, pois só existe un pequeno parque infantil, insuficiente para cubrir a demanda existente.

 

Outras peticións realizadas son as de instalar un paso de peóns con semáforo de pulsador na estrada xeral que divide Laraño en dúas partes, ou a de  acometer a limpeza dos camiños do monte co fin de lograr roteiros que permitan o paseo lúdico ou deportivo. Tamén se realizaron observacións sobre a iluminación pública, o basureiro do Casal, ou a necesidade de acondicionar a ponte da Carmela.

 

Esquerda Unida Compostela agradeceu a xuntanza reiterando a necesidade de artellar un programa de actuacións que permitan revitalizar as zonas do rural do Concello e informou sobre as actuacións levadas a cabo no tocante á instalación da nova EDAR.

Relacionados