Xuntanza coa FPG

Esquerda Unida vén de manter unha xuntanza coa Frente Poupular Galega. Unha delegación de Esquerda Unida e outra delegación da Fronte Popular Galega veñen de manter unha xuntanza na que se plasmou a necesidade de confluencia entre as forzas políticas galegas de esquerdas e anticapitalistas.

A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, manifestou que “ante a emerxencia social e o terrorismo financieiro practicado dende a política do PP, é necesaria a confluencia política”. A sociedade precisa dunha vertebración política que dea esperanza á cidadanía.

“Por riba da cuestión nacional, está o problema de clase” premisa da que parten ambas organizacións. O obxectivo é claro, como tamén é clara a necesidade de refrendar dende as bases calquera tipo de iniciativa ou proceso que vaia a pelexar pola hexemonía dos traballadores.

 

 

Relacionados