yolanda diaz.jpg - 2.80 Kb

Xuntanza coa SEPI

 A alcaldía ten que informarnos e dar conta da súa posición e dos avances que se poidan producir nun tema capital para a sorte social e económica da nosa comarca. As institucións que participaron nesta reunión teñen que render contas a unha cidadanía preocupada en extremo pola problemática da falla de carga de traballo nos estaleiros da nosa ría.

 

Esquerda Unida considera fundamental manter a meirande presión social unitaria para arrincar á SEPI un compromiso que non virá das reunións e dos pretendidos comités de expertos cos que o PP busca gañar tempo. A construción do dique flotante e a consecución de nova carga de traballo, e non o fume da campaña electoral de Feijóo, virán das loitas unitarias sostidas polo conxunto da nosa cidadanía traballadora.

 

Javier Galán non deixou pasar a oportunidade para lembrarlle á alcaldía deste cidade da situación dramática na que se atopa a industria naval pública da ría: a piques de rematar co traballo pendente e co horizonte dun crecemento exponencial do paro nas industrias auxiliares.

 

Javier Galán lamentou que no naval non vai haber vacacións o que se van provocar son despedimentos masivos co desinterese do ministerio e a obediencia do PP local e galego. Non hai vacacións nin verán que valga: alcaldía, Xunta e SEPI, todas institucións en mans do PP, teñen que saber da decidida disposición da cidade e da comarca para conquerir nas rúas o que se nega nos despachos do PP.

Relacionados