Pontevedra. Xuntanza CE Barreiras

 

O Candidato suliñou que frente ao que expoñen os grandes partidos hai marxe para que o estado invirta no sector industrial mediante o endebedamento e o gasto público (actualmente moi por debaixo da media europea).

Rubén Pérez lembra que o comezo do problema dos asteleiros como Barreras foi cando en 1997 privatizaronse e entregaronse a empresas “fantasmas”, algunhas delas con sede en paraísos fiscais que tiñan como único fin a especulación.

En materia de xeración emprego ESQUERDA UNIDA propón 3 medidas fundamentais:

Crear emprego dende o público, porque hoxe as empresas teñen moitas dificultade para crealo sen axuda.

Apoiar ás pequenas empresas e autónomo para que estén en condicións de crear emprego.

Redistribuir e racionalizar o emprego existente.

O plan de choque creará máis de 600.000 emprego a través dun Programa de empregos verdes que comprenden reforestación, explotación e mantemento de superficies forestais (300.000 empregos), un programa de rehabilitación sostible de vivendas residencias (200.000 empregos) e un plan de Empregos Sociais, para asegurar o desenvolvemento da Lei de Dependencia e determinado servizo da Administración (170.000 empregos).

Non hai que esquecer aos que remataran as súas prestación para eles, crearase un Plan de Formación/Emprego para atender a situación dos parados e das paradas que esgotaran as súas prestacións en colaboración cós Concellos (300.000 empregos, incluídos 20.000 formadores e formadoras).

E para repartir o traballo existente, Esquerda Unida propón unha reducción por Lei da xornada laboral a 35 horas (mantendo a retribución), a compensación da reducción da xornada nas empresa e nas Administracións Públicas xerarían 400.000 postos de traballo segundo as sús estimacións.

Ante a cuestión da financiación destas medidas, Rubén Pérez fala dunha reforma fiscal xusta, loita contra a economía sumerxida e o fraude fiscal, a racionalización do gasto público, unha Banca Pública que facilite o crédito e a construcción dun novo modelo produtivo baseado na defensa do público e no papel do público.

Relacionados