Xuntanza con Agader

O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda  solidarizase cos traballadores despedidos do Agader.

· Os membros do Grupo Parlamentar  reuníronse esta mañá con algúns dos traballadores despedidos que lles transmitiron o seu malestar polo que consideran unha inxustiza

Santiago de Compostela, 28 novembro de 2012.- O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda reúniuse esta mañá con algúns dos traballadores despedidos da Axencia Galega de desenvolvemento Rural (Agader) que lles transmitiron o seu malestar polo que consideran unha actuación inxusta xa que aseguran que os criterios nos que se basan os despedimentos non se axustan á realidade e suliñan que “dase a casualidade” de que afectan todos eles a traballadores que presentarán reclamancións xudiciais por temas de dereitos laborais.

O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda quere manifestar a súa solidariedade con estos traballadores xa que na situación actual considerase inasumible nin un só despido máis xa que cada un deles supón un drama familiar e para todo o país.

Os membros do Grupo Parlamentar comprometéronse a preguntar no Parlamento de Galicia polos criteiro e motivos nos que se basearon para levar a cabo estos despedimentos.

Relacionados