A responsabilidade depositada na coalición da que forma parte Esquerda Unida, empeza por artellar unha estratexia común con todos os sectores da sociedade.
O luns 5 de novembro, Esquerda Unida inicia unha ronda de contactos coas organizacións sindicais de clase, ante a necesidade de artellar un traballo unitario. Esta organización considera que máis que nunca e xunto co respaldo cada vez maior da cidadanía, é necesario organizármonos dende abaixo para desmontar a estructura antisocial da troika e dos mercados que nos desgobernan.
Unha delegación da Executiva Nacional de Esquerda Unida encabezada por Yolanda Díaz, manterá unha xuntanza co sindicato de Comisións Obreiras. A loita sindical precisa de todos nos para acadar a hexemonía da clase traballadora. O espazo de loita tamén é a rúa, e de cara ao 14 de novembro, co gallo da Folga Xeral, é preciso o apoio e a colaboración da cidadanía coas organizacións sindicais para entre todas e todos frear e mudar a dirección das políticas antisociais impostas polos gobernos neoliberais.